venres, 15 de abril de 2016

I XORNADAS GO!

Nas vindeiras semanas de abril e maio, levaremos a cabo unhas xornadas de hábitos saudables, dirixida á Comunidade Educativa do CEE María Mariño.

Estas I Xornadas GO! (Guerreir@s e Organizad@s) teñen o seu significado na importancia de pelexar polas nosas metas, de levantarnos cando caiamos, de sortear os obstáculos, de saltar as pedras, de voar pola area... Da importancia dunha boa alimentación, do reposo... en xeral, de organizarse, sen deixar de divertirse!

De todo isto nos falarán @s FENÓMEN@S que podedes ver no cartel, aos que estaremos eternamente AGRADECID@S:

  • ANDREA MONTERO.
  • NICO ALVARADO.
  • RAMIRO AMARELLE.
  • JACO MANTIÑÁN.
  • ADRI CANDAMIO.
  • MARTÍN PAYERO.
  • RUBÉN RÍO.

Todo esto, coa colaboración de Supermercados GADIS.

E un agradecemento ESPECIAL, pola sua implicación a Basquet Coruña.


Seguro que tod@s aprendemos moito!

Se podes soñalo...!



mércores, 13 de abril de 2016

mércores, 30 de marzo de 2016

Desexando que chegue o Venres 1 de Abril.

Si, como o oes!

Este venres vén visitarnos ao CEE María Mariño o gran escritor Iván García Campos.

O alumnado de Transición á Vida Adulta disfutará co seu bo hacer e as explicacións do seu novo libro: "Cuestións vitais secretas".

Desexamos que para el, tamén sexa unha velada inolvidable.



GRAZAS Iván (Grazas Txitxi!!)

xoves, 3 de marzo de 2016

Xa temos canle no Cole: A MMtv!!

Si, ALUCINADE!!

Temos canle propio de televisión no CEE María Mariño. Entre as súas funcións:

  1. Informar sobre meteoroloxía (si, que chove como case sempre...!).
  2. Anticipar os acontecementos de cada mes.
  3. Anunciar o que imos xantar no comedor.
  4. Amosar as distintas festas que celebramos ao longo do curso.
  5. Presentar as numerosas visitas que facemos (e nos portamos moi ben).
  6. Suxerir algunha frase emotiva.
  7. Lembrar efemérides ("tal día como hoxe, fai taitantos anos...") da contorna, musicais ou deportivas. 
  8. Xogar con tod@s ás adiviñas.
  9. Indicar as novas adsquisicións para a biblioteca.
  10. Refrescar as actualizacións da web.

Mola, non si? Pois, por favor, ollade o vídeo...




Agradecer a ARASAAC que nos permita usar os seus pictos.



sábado, 13 de febreiro de 2016

32 CONCURSO ESCOLAR ONCE (IV)

E rematamos co derradeiro dos vídeos, non menos importante, co que analizamos os talentos do alumnado do CEE María Mariño.

Non nos cansaremos de agradecer tanto as iniciativas do 32 CONCURSO ESCOLAR ONCE, como a colaboración do Programa Prensa-Escuela, para levar acabo tal fin.

Disfrutade co tema "Peace" de Norah Jones.