sábado, 26 de novembro de 2016

II Jornada de Tartamudez en Edad Pediátrica

En canto souben da II Jornada de Tartamudez en Edad Pediátrica, entendín que non podía desperdicialo.

Con altas expectativas e ilusionado por colleitar froitos insólitos, desembarquei no Edificio Gota de Leche (sabedor dalgunhas das súas anécdotas).

Os minutos da mañá aceleráronse mais non impediron marchar con gratas e deleitosas sensacións. (GRAZAS FAMILIAS!)

Comparto algunhas imaxes que o aseveran, non sin antes agradecer e felicitar, de novo, a Raquel Escobar Díaz pola súa valiosa comunicación.

Parabéns tamén á Fundación Española de la Tartamudez pola súa desmesurada labor.







martes, 18 de outubro de 2016

aDiViÑa

Sempre é un bo momento para xogar ás adiviñas, non si?

Apúntaste? pois dalle logo!



xoves, 12 de maio de 2016

nOrAbOA CP CERCEDA! E mIllÓns dE grAzAs!!

Onte, mércores 11 de maio, os integrantes do Club Patín Cerceda clausuraron as I Xornadas GO! que estivemos a celebrar no CEE María Mariño.

Nun principio, contábamos coa presencia dos xogadores: Martín Payero, Jaco Mantiñán e Adrián Candamio, pero sumáronse tanto o Adestrador Juan Carlos Copa, como o delegado Antón Boedo.

Un auténtico equipazo ao que estamos agradecidos polos seus ensinos, polo tempo adicado e o pola súa calidade (en todos os aspectos).

NORABOA tamén pola permanencia na OK Liga! 

Algúns dos mellores momentos:
































E como di a canción de Emi,  ¿A qué juegas?:

"Si sale mal:
borrón y cuenta nueva.
No digas que no mola, 
sin haber hecho la prueba".

xoves, 5 de maio de 2016

fAntÁstIco rUbÉn rÍO. aGRaDeCiD@S!!

ES-PEC-TA-CU-LAR! como diría aquel.

Hoxe, na terceira sesión da I XORNADA GO! que estamos a celebrar no CEE María Mariño, foi a quenda de Rubén Río, adestrador persoal.

Ensinounos, entre outros aspectos, que as fresas son boas para as pezas dentarias ou que as cenorias son boas para os ollos e lembrades por que?

EXACTO! Pola similitude coas respectivas partes do corpo.

Tamén fíxonos suar, pero que pensades... Facemos outras 10 sentadillas?

GO! GO! GO!

Ah! Agradecer tamén, a GADIS a súa desinteresada colaboración. Deliciosas as mazás!! (Boas para...?)

Ollade que ben o pasamos!











xoves, 28 de abril de 2016

GRAZAS NICO & RAMI, RAMI & NICO

Hoxe tocou a 2ª sesión das Xornadas GO! Nesta ocasión tocou a quenda de Rami e Nico. Dous Cracks de talla mundial, tanto como xogadores de fútbol praia como PERSOAS.

Dende o CEE María Mariño queremos darvos as GRAZAS por deixarnos formar parte, aínda que por pouco tempo, do voso EQUIPO. Pasámolo PIPA!!

O desquite: en xuño no voso campo: a praia.

Déixovos con algúns dos mellores momentos da "pachanga".








GRAZAS DE CORAZÓN!!


mércores, 20 de abril de 2016

GRaZaS aNDRea MoNTeRo!

Onte inaugurou as I XORNADAS GO! unha auténtica "GUERREIRA ORGANIZADA": Andrea Montero.

Solventou sen dificultades tódolos obstáculos (en concreto os tecnolóxicos) e deixounos con algunhas maniotas! (mirade as fotos...)
Eso si! PASÁMOLO PIPA!!

Por isto, dende o CEE María Mariño, queremosche dar as grazas por todo o que nos ensinaches onte e desexarte as mellores das sortes nas vindeiras competicións.

GO! GO! GO!