luns, 29 de maio de 2017

Tres XIGANTES nas II XORNADAS GO!!

Larry Abia (@Larryabiasila) e Javier Lucas (@JLucasB), xogadores do Leyma Básquet Coruña, xunto co preparador físico, Gustavo Gago, ensináronnos as súas destrezas co balón de baloncesto no María Mariño Arena.


Pero sobre todo, ensináronnos que o importante é seguir uns hábitos saudables para acadar os obxectivos que nos propoñamos cada día.



Sen lugar a dúbidas, a mañá de hoxe no CEE María Mariño, foi de moitos puntos...
E poucas faltas!!



GRAZAS LEYMA BÁSQUET CORUÑA
GRAZAS Larry!
GRAZAS Javi Lucas!
GRAZAS Gustavo!








venres, 26 de maio de 2017

II XORNADAS GO!!

Hoxe inauguramos no CEE María Mariño, as "II Xornadas GO! (Guerreir@s e Organizad@s)".

Nesta ocasión, foi Nacho (Ignacio Vázquez Vilajoana, psicólogo e director de GALISURF) quen abriu a praia do noso cole para salpicarnos con varios e bos "trucos" surfeiros.

Podedes comprobalo nas seguintes fotos.

De parte de tod@s @s que formamos o CEE María Mariño: GRAZAS NACHO!!
Esperámoste para o baño de fin de curso.







sábado, 26 de novembro de 2016

II Jornada de Tartamudez en Edad Pediátrica

En canto souben da II Jornada de Tartamudez en Edad Pediátrica, entendín que non podía desperdicialo.

Con altas expectativas e ilusionado por colleitar froitos insólitos, desembarquei no Edificio Gota de Leche (sabedor dalgunhas das súas anécdotas).

Os minutos da mañá aceleráronse mais non impediron marchar con gratas e deleitosas sensacións. (GRAZAS FAMILIAS!)

Comparto algunhas imaxes que o aseveran, non sin antes agradecer e felicitar, de novo, a Raquel Escobar Díaz pola súa valiosa comunicación.

Parabéns tamén á Fundación Española de la Tartamudez pola súa desmesurada labor.







martes, 18 de outubro de 2016

aDiViÑa

Sempre é un bo momento para xogar ás adiviñas, non si?

Apúntaste? pois dalle logo!



xoves, 12 de maio de 2016

nOrAbOA CP CERCEDA! E mIllÓns dE grAzAs!!

Onte, mércores 11 de maio, os integrantes do Club Patín Cerceda clausuraron as I Xornadas GO! que estivemos a celebrar no CEE María Mariño.

Nun principio, contábamos coa presencia dos xogadores: Martín Payero, Jaco Mantiñán e Adrián Candamio, pero sumáronse tanto o Adestrador Juan Carlos Copa, como o delegado Antón Boedo.

Un auténtico equipazo ao que estamos agradecidos polos seus ensinos, polo tempo adicado e o pola súa calidade (en todos os aspectos).

NORABOA tamén pola permanencia na OK Liga! 

Algúns dos mellores momentos:
































E como di a canción de Emi,  ¿A qué juegas?:

"Si sale mal:
borrón y cuenta nueva.
No digas que no mola, 
sin haber hecho la prueba".

xoves, 5 de maio de 2016

fAntÁstIco rUbÉn rÍO. aGRaDeCiD@S!!

ES-PEC-TA-CU-LAR! como diría aquel.

Hoxe, na terceira sesión da I XORNADA GO! que estamos a celebrar no CEE María Mariño, foi a quenda de Rubén Río, adestrador persoal.

Ensinounos, entre outros aspectos, que as fresas son boas para as pezas dentarias ou que as cenorias son boas para os ollos e lembrades por que?

EXACTO! Pola similitude coas respectivas partes do corpo.

Tamén fíxonos suar, pero que pensades... Facemos outras 10 sentadillas?

GO! GO! GO!

Ah! Agradecer tamén, a GADIS a súa desinteresada colaboración. Deliciosas as mazás!! (Boas para...?)

Ollade que ben o pasamos!











xoves, 28 de abril de 2016

GRAZAS NICO & RAMI, RAMI & NICO

Hoxe tocou a 2ª sesión das Xornadas GO! Nesta ocasión tocou a quenda de Rami e Nico. Dous Cracks de talla mundial, tanto como xogadores de fútbol praia como PERSOAS.

Dende o CEE María Mariño queremos darvos as GRAZAS por deixarnos formar parte, aínda que por pouco tempo, do voso EQUIPO. Pasámolo PIPA!!

O desquite: en xuño no voso campo: a praia.

Déixovos con algúns dos mellores momentos da "pachanga".








GRAZAS DE CORAZÓN!!