martes, 21 de abril de 2020

áNiMo RaPaZaDa e CoMuNiDaDe eDuCaTiVa Do CEE MaRía MaRiÑo

Boas a tod@s. Antes de nada, e despois de tanto tempo, esperamos que tod@s esteades moi ben, así como as vosas familias.

Dende o CEE María Mariño, varios mebros do claustro e coidadoras quixemos facer chegar todo o noso apoio emocional ao noso alumnado e ás súas FAMILIAS.

Xa que non podemos achucharnos no cole, o quixemos facer virtualmente mediante este vídeo:



Esperamos que vos guste tanto como a nós!!

ÁNIMO! 🌈💪😘
#todovaisairben


mércores, 3 de abril de 2019

Día Do Tea

Onte, martes 02/04/2019, celebramos o día do TEA na EEI Fernández Varela. Propuxémonos concienciar á comunidade educativa sobre este trastorno, para o que alumnado deixou polos comercios da contorna as mans azuis que deseñaron. Molonas, non si?
GRaZaS a tod@s pola vosa participación e implicación.





luns, 29 de outubro de 2018

prAxIAs TeRRoRíFiCaS nA eei fErnÁndEz VaReLa

As cabazas que deixaron no cole o alumnado e as familias da EEI Fernández Varela (A Pobra do Caramiñal) con motivo do Samaín pretenden asustarnos!!

Ou tal vez prefiran xogar con nós para que as imitemos...



luns, 2 de abril de 2018

mércores, 25 de outubro de 2017

QUe nOS cONtA o CeO?

Tal vez que teñamos un gran día ou que lembremos xogar con el no magosto...

Tal vez que tiña xa moita calor?
Ou que quería un zume de laranxas?

O certo é que non lle entendimos pero pasamos un rato divertido descifrando a mensaxe.


Que nos contas?