sábado, 19 de decembro de 2015

FELICES FESTAS

Dende o CEE María Mariño, queremos desexarvos un:

Bo Nadal e un Feliz Aninovo.





Vémonos coas baterías a tope, o xoves 7 de xaneiro do 2016!!

mércores, 9 de decembro de 2015

Cantas mascotas queren ser a mascota!

Si, si! Estás a ler ben!

No concurso de CEE María Mariño, presentáronse ata un total de 27 mascotas. Todas queren ser a elixida!
Na imaxe podes ver o póster que atoparas polos corredores do Cole.


Esperamos que che guste!
Preguntaraste por que van numeradas... Pois é para cando empecen as votacións, tra-las vacacións de Nadal.
Saúdos!

domingo, 29 de novembro de 2015

Praxias lúdicas e baseadas nun Proxecto Interdisciplinar (II)


Hai uns días falabamos de facer deporte... Pois escoita, por favor!

De viaxe polo interior, atopei un cole no que están a traballar sobre o Proxecto Interdisciplinar: As Olimpíadas.

O mestre de Audición e Linguaxe, para colaborar e implicarse nese proxecto, elaborou esta actividade para traballar, entre outros aspectos, as praxias e as emocións.

Unha boa ocasión para disfrutar co deporte.

mércores, 25 de novembro de 2015

O Magosto no CEE Mª Mariño

Este gran home, ademáis de castañas, trouxo moi bo rollo ao CEE María Mariño.


GRACÍSIMAS!!
(por outro día especial no cole)

sábado, 21 de novembro de 2015

Praxias lúdicas e baseadas nun Proxecto Interdisciplinar (I)

Boas a tod@s, que tal?
Nun cole, non moi lonxano, están a traballar no Proxecto Interdisciplinar "O Cine".
Dende a aula de Audición e Linguaxe, para colaborar e implicarse neste proxecto, elabórase esta actividade de praxias:

"Xogamos" un rato?
Actrices e actores de todo o mundo, achegáronse ao noso cole para axudarte a mover os músculos da cara.
Poderás imital@s sen reirte? (Non o creo!)
Imos aló!!


Conseguíchelo? Cóntame, cóntame...
Ah! e lembra que é mellor facer deporte que fumar.
Coméntao por casa, ok?