mércores, 13 de xaneiro de 2016

QUE ANIMAIS!!

Voltamos con forza das vacacións? Pois imos coas praxias a pasar un rato bestiaaaaaaaaa_AL!

mércores, 30 de decembro de 2015

FELIZ ANINOVO!


Rematou o primeiro trimestre e non foi pouco o que traballamos no CEE María Mariño.

Nestas imaxes, podedes ver o que deu de si, este "emocionante" outono.

Desexámosvos moita FELICIDADE para o 2016.

sábado, 19 de decembro de 2015

FELICES FESTAS

Dende o CEE María Mariño, queremos desexarvos un:

Bo Nadal e un Feliz Aninovo.





Vémonos coas baterías a tope, o xoves 7 de xaneiro do 2016!!

mércores, 9 de decembro de 2015

Cantas mascotas queren ser a mascota!

Si, si! Estás a ler ben!

No concurso de CEE María Mariño, presentáronse ata un total de 27 mascotas. Todas queren ser a elixida!
Na imaxe podes ver o póster que atoparas polos corredores do Cole.


Esperamos que che guste!
Preguntaraste por que van numeradas... Pois é para cando empecen as votacións, tra-las vacacións de Nadal.
Saúdos!

domingo, 29 de novembro de 2015

Praxias lúdicas e baseadas nun Proxecto Interdisciplinar (II)


Hai uns días falabamos de facer deporte... Pois escoita, por favor!

De viaxe polo interior, atopei un cole no que están a traballar sobre o Proxecto Interdisciplinar: As Olimpíadas.

O mestre de Audición e Linguaxe, para colaborar e implicarse nese proxecto, elaborou esta actividade para traballar, entre outros aspectos, as praxias e as emocións.

Unha boa ocasión para disfrutar co deporte.