venres, 21 de xuño de 2013

Que boa idea!! Carta de 1º A do IES Castro de Baronceli ao Inspector

     Estimado Señor Inspector:

     Somos os alumnos e alumnas de 1º A do I.E.S. Castro de Baronceli. Dirixímonos a vostede para informarlle de que un de nós, M., ten unha discapacidade motora, e cústalle moito desprazarse polo centro, xa que ten que ir nunha cadeira de rodas a maioría das veces. Polo tanto non puido acceder ao segundo andar para disfrutar de actividades connosco como por exemplo:

    Contacontos, o mago, o xogo das pistas, a hora de titoría... (realizáronse na biblioteca); decorado e árbore de nadal, o cartel das Letras Galegas e do entroido (realizáronse na aula de plástica e visual); visionado de distintas películas e cortos de animación, distintas conferencias... (realizáronse na aula de audiovisuais).

    Para integrar a M. nestas actividades e noutras dos vindeiros cursos, necesitamos utilizar o ascensor do centro. Este non funciona porque o centro non pode afrontar o pago e o mantemento que precisa, polo que solicitámoslle que nos axude a incluir o noso compañeiro nestas actividades e noutras posibles que se realizarían en anos vindeiros.

    Mandámoslle un cordial saúdo: os alumnos e alumnas de 1ºA

4 comentarios:

  1. SODES MOI GRANDES!!
    NORABOA E MOITA SORTE CO ASCENSOR.

    ResponderEliminar
  2. Uxío:
    Tes razón, son xunto a Titora, inmellorables.
    De todos os xeitos, agradeceríamos que cando fagades algún comentario, vos identifiquedes.
    Grazas

    ResponderEliminar
  3. Uxío:
    Estou de acordo, Carlos.

    ResponderEliminar