venres, 15 de abril de 2016

I XORNADAS GO!

Nas vindeiras semanas de abril e maio, levaremos a cabo unhas xornadas de hábitos saudables, dirixida á Comunidade Educativa do CEE María Mariño.

Estas I Xornadas GO! (Guerreir@s e Organizad@s) teñen o seu significado na importancia de pelexar polas nosas metas, de levantarnos cando caiamos, de sortear os obstáculos, de saltar as pedras, de voar pola area... Da importancia dunha boa alimentación, do reposo... en xeral, de organizarse, sen deixar de divertirse!

De todo isto nos falarán @s FENÓMEN@S que podedes ver no cartel, aos que estaremos eternamente AGRADECID@S:

  • ANDREA MONTERO.
  • NICO ALVARADO.
  • RAMIRO AMARELLE.
  • JACO MANTIÑÁN.
  • ADRI CANDAMIO.
  • MARTÍN PAYERO.
  • RUBÉN RÍO.

Todo esto, coa colaboración de Supermercados GADIS.

E un agradecemento ESPECIAL, pola sua implicación a Basquet Coruña.


Seguro que tod@s aprendemos moito!

Se podes soñalo...!



Ningún comentario:

Publicar un comentario