xoves, 8 de xuño de 2017

O C.R.A.T. A Coruña clausura as II Xornadas GO!!

O día amenzou anubrado, como cansado, pero a medida que corrían os minutos, espertaban as ganas de aprender.

Esto foi posible grazas á colaboración de "Aca", quen cun formidable drop-kick, enviounos ao CEE María Mariño a: Selene, Isaac e Jaime, xogador@s do C.R.A.T.

El@s encargáronse de ensinarnos moitas xogadas do rugby e algunhas palabras francesas: melé, touch... E sobre todo, algo moi importante: que debemos tratar con respecto aos árbitros, aínda que en ocasións tamén se confundan.

Podedes deleitarvos coas seguintes imaxes, que amosan algúns dos mellores momentos desta sesión final das II Xornadas GO!!













GRAZAS ACA.
GRAZAS SELENE.
GRAZAS ISAAC.
GRAZAS JAIME.
GRAZAS C.R.A.T. A Coruña

Ningún comentario:

Publicar un comentario