domingo, 18 de febreiro de 2018
mércores, 25 de outubro de 2017
xoves, 22 de xuño de 2017
FeStAAAAAA!! PoRQue NoN tOdo vAi SeR TrAbALLaR...
Achégase o final do curso 2016/17 e no CEE María Mariño organizamos unha boa esmorga para celebralo!!
Todos os membros que compoñemos esta FAMILIA tan especial, implícamonos para que saíse estupendamente.
Para que así fóra, contamos coa colaboración maxistral do grupo coruñés de Rock MALPASO, aos que estamos tremendamente AGRADECIDOS, por facernos pasar unha mañá tan cañeira!!
Como podedes ver nas fotos, a festa tivos todos os ingredientes: ROCK&ROLL;Comida e AUGA!!
GRAZAS a TOD@S e...
BOAS VACACIÓNS DE VERÁN!!
xoves, 8 de xuño de 2017
O C.R.A.T. A Coruña clausura as II Xornadas GO!!
O día amenzou anubrado, como cansado, pero a medida que corrían os minutos, espertaban as ganas de aprender.
Esto foi posible grazas á colaboración de "Aca", quen cun formidable drop-kick, enviounos ao CEE María Mariño a: Selene, Isaac e Jaime, xogador@s do C.R.A.T.
El@s encargáronse de ensinarnos moitas xogadas do rugby e algunhas palabras francesas: melé, touch... E sobre todo, algo moi importante: que debemos tratar con respecto aos árbitros, aínda que en ocasións tamén se confundan.
Podedes deleitarvos coas seguintes imaxes, que amosan algúns dos mellores momentos desta sesión final das II Xornadas GO!!

GRAZAS ACA.
GRAZAS SELENE.
GRAZAS ISAAC.
GRAZAS JAIME.
GRAZAS C.R.A.T. A Coruña
mércores, 7 de xuño de 2017
Alumnado de T.V.A. na Fundación María José Jove
A Fundación María José Jove deunos a posibilidade de disfrutar e aprender da ARTE nas súas instalacións.
A experiencia foi especialmente enriquecedora para @s compoñentes do CEE María Mariño, mesmo nos tomamos a liberdade de "retocar" algunha obra co consentimento de Patricia (Por certo, GRAZAS por todo!!).
GRAZAS FUNDACIÓN MARÍA JOSÉ JOVE
venres, 2 de xuño de 2017
O CVZalaeta no CEE María Mariño
O míster Fernando Cueto, xunto con catro compoñentes do equipo feminino da SLF2, o CVZalaeta, explicáronnos a importancia deste deporte, en concreto do traballo en equipo.
Ademáis ensináronnos as xogadas secretas para alcanzar o éxito.
GRAZAS, FERNANDO CUETO.
GRAZAS, ELISA ÁLVAREZ.
GRAZAS, LIDIA GUDJE.
GRAZAS, ALBA QUIRÓS.
GRAZAS, INÉS RIVAS.
luns, 29 de maio de 2017
Tres XIGANTES nas II XORNADAS GO!!
Larry Abia (@Larryabiasila) e Javier Lucas (@JLucasB), xogadores do Leyma Básquet Coruña, xunto co preparador físico, Gustavo Gago, ensináronnos as súas destrezas co balón de baloncesto no María Mariño Arena.
Pero sobre todo, ensináronnos que o importante é seguir uns hábitos saudables para acadar os obxectivos que nos propoñamos cada día.
E poucas faltas!!
GRAZAS LEYMA BÁSQUET CORUÑA
GRAZAS Larry!
GRAZAS Javi Lucas!
GRAZAS Gustavo!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)